Quen somos
Sobre Morno
Nin frío nin quente: morno.
Morno é unha iniciativa cultural galega e independente que aposta por facer as cousas doutro xeito: con outro ollar e a lume lento.
Nace para axitar a escena desde a proximidade, conectando propostas, disciplinas e sensibilidades sen atender a etiquetas nin fórmulas pechadas. Un punto de encontro para descubrir, compartir e deixar pouso.
Nun contexto cada vez máis polarizado, reivindicamos a diversidade e a riqueza de todo aquilo que emerxe do inmenso continuo que discorre entre os extremos.

Cultura a lume lento
Entérate antes ca ninguén.
Un correo ao mes con anuncios e preventa. Nada máis.